Curso 19-20. Actividades y examen de recuperación de la materia pendiente.
Organización das actividades de
recuperación e avaliación de Francés materia pendente.
Exame de pendentes francés
1ª Avaliación: xoves, 28 de novembro
Hora:
16:30h. Edificio rosa.
-Na
Conserxería do instituto está dende principio de curso un dossier de exercicios
de repaso para recoller de forma gratuita.
-Haberá
tres exames durante o curso: 1ª avaliación, segunda avaliación, 3ª avaliación.
Os
contidos para este exame son os referidos á primeira avaliación do curso a recuperar.
(Unité
0, 1, 2 libro Parachute do curso correspondente)
Dossier
de exercicios: 20%
Exame
de avaliación :80%
Os
alumnos que cursen a materia nun curso superior terán aprobada a materia
pendente se aproban a primeira avaliación do curso superior (cun 5)
Presentándose ó exame poden ter unha nota superior.*
*Ver
programación na web do centro para información máis detallada.
Os alumnos realizarán e presentarán no prazo indicado un traballo
proposto pola profesora cada trimestre, que poderán recoller de forma gratuita
na conserxería do centro. Presentaranse ás probas ESCRITAS que terán lugar no
curso e que serán indicadas e publicadas por xefatura de estudos. Os alumnos
coñecerán os contidos mínimos e estándares de aprendizaxe a través desta
programación. Cando o alumno curse a materia nun curso superior, se o alumno
supera a materia da primeira avaliación no curso superior, terá recuperado o
curso anterior cunha nota dun 5, para as tres avaliacións. Do mesmo xeito se
supera a segunda avaliación dun curso superior. Nembargantes ,o alumno ten a
posibilidade de presentarse aos exames das tres avaliacións e conseguir unha
nota superior a 5, na materia pendente, de xeito voluntario. A superación da
materia en xuño, avaliación ordinaria ,dun curso superior, supón a recuperación
da materia nun curso inferior, cunha nota dun 5 (no caso de tela suspensa) Os
alumnos que non cursen a materia nun curso superior, ou non a superen nun curso
superior teñen a obriga de presentarse aos exames das tres avaliacións. O
traballo debe ser progresivo e realizado nas tres avaliacións. No caso de non
realizar ditos traballos,a profesora poderá considerar que o alumno abandona o plan
de recuperación da materia. De xeito xeral o traballo de reforzo entregado ten
por obxectivo: -superar a realización das probas que permitan o alumno
recuperar a materia. -fomentar no alumno unha capacidade de traballo,
responsabilidade e autonomía. -adquirir as competencias básicas da materia e
adquirir un coñecemento suficiente para alcanzar os contidos mínimos. -axudar ó
alumno na superación da materia no curso seguinte, se é o caso. -facer tomar
consciencia ó alumno da importancia da recuperación da materia. O alumno
asinará un rexistro ca data de recollida do dossier de traballo. O alumno
pasará polo Departamento de francés para asinar a recollida do traballo. Os
traballos deberán estar identificados co nome do alumno e ser entregados a man.
A profesora resérvase a posibilidade de facer preguntas sobre o propio traballo
entregado para verificar a autoría do mesmo. Se houbera dúbidas sobre a autoría
do traballo, o dossier considerarase como entregado e válido para a aprendizaxe
e preparación do alumno cara á proba escrita pero nulo para a cualificación.
Programación didáctica. Departamento de francés. Páx. 482 De xeito
xeral e sempre que a profesora poida, ( se non ten garda no seu horario, está
reunida) os alumnos ca materia suspensa poderán acudir nos recreos sinalados
para facer preguntas, consultar dúbidas... Os contidos mínimos serán os fixados
para cada curso. Igualmente os criterios de avaliación, estándares de
aprendizaxe,... Os criterios de cualificación serán: 80% proba da convocatoria.
20% o dossier de traballos. Se un alumno non entrega o dossier, o 100% da nota
corresponderá á proba escrita
Todo o alumnado pode contactar ca xefa do Departamento a través do blog
(sardifle.blogspot.com) para consultar dúbidas ou presencialmente nos recreos.
Unha proba práctica do exame será colgada no blog a principios do mes
de novembro. Recomendamos facer esta práctica xa que o exame será moi similar.
Xefa
do Departamento.
Begoña
de Blas.
Comentarios
Publicar un comentario