EXÁMENES DELF 2020

INFORMACIÓN SOBRE AS PROBAS DO DELF ESCOLAR EN GALICIA CURSO 2019/2020 

1-. Que é o DELF Escolar ?. Os diplomas DELF (Diplôme d’Études en Langue Française1 ) son os diplomas oficiais de lingua francesa expedidos polo Ministerio de Educación Nacional de Francia e recoñecidos internacionalmente por 174 países.

 A súa validez é indefinida. O alumnado dos centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia pode presentarse ás probas para a obtención deste diploma ao abeiro dun convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e o Servizo de Cooperación e de Acción Cultural da Embaixada de Francia en España (SCAC) polo que se implantou o diploma DELF Scolaire -DELF Escolar- en Galicia. O diploma DELF Escolar ten a mesma validez oficial que o DELF para adultos.


As probas están adaptadas para o alumnado adolescente e as taxas de exame son reducidas para o alumnado tras a sinatura do convenio de colaboración entre as autoridades educativas. No ámbito académico, as certificacións DELF favorecen a mobilidade estudantil internacional ao certificar o coñecemento en lingua francesa: o DELF B2 constitúe un acceso directo ás universidades francesas e permite obter unha bolsa Erasmus. Os niveis ofertados no DELF Escolar corresponden aos niveis A2, B1 e B2 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL). As probas de acceso aos diferentes niveis son independentes e o alumno/a decide o nivel no que se matricula. Cada diploma avalía as 4 destrezas lingüísticas: comprensión e expresión escritas e comprensión e expresión orais.


 Para obter o diploma deberanse acadar 50 puntos sobre 100 no conxunto da proba. A nota mínima en cada destreza é de 5/25. A nota dunha destreza pode compensar unha nota máis baixa noutra destreza. Está implantado en Galicia desde o curso 2016/2017 cun éxito salientable.



 2-. Que alumnado poderá presentarse ao DELF Escolar ?

Todos aqueles alumnos e alumnas de centros públicos de ensino secundario da Comunidade Autónoma de Galicia que estuden a materia de Francés como primeira ou segunda lingua estranxeira, estean matriculados nunha Sección Bilingüe en Francés ou cursen o programa de Bacharelato de dobre titulación BachiBac.


  Proceso de inscrición do alumnado e prazo de matrícula.


3.  O prazo de matrícula é do 3 ao 27 de febreiro de 2020.



4.  Cando ten lugar a convocatoria?. O diploma DELF ofrece unha convocatoria anual que, para o curso 2019/2020, terá lugar nas seguintes datas: DELF SCOLAIRE Niveau PROBAS ESCRITAS (COLECTIVAS) PROBAS ORAIS (INDIVIDUAIS) TARIFAS

 Data da publicación das notas do 15 ao 24 /06/2020.

AS PROBAS ESCRITAS SERÁN NO IES EUSEBIO DA GARDA.

 DELF Scolaire A2 

PROBAS ESCRITAS COLECTIVAS: Xoves, 7 de maio 17h00 a 18h40

PROBAS ORAIS INDIVIDUAIS:  Entre o luns 27 de abril e o martes 19 de maio. 

TASAS:  70,00 € 


DELF Scolaire B1 

PROBAS ESCRITAS COLECTIVAS :Mércores, 6 de maio 17h00 a 18h55  . PROBAS ORAIS INDIVIDUAIS:  Entre o luns 27 de abril e o martes 19 de maio.

 TASAS: 92,00 €.



5.  A matrícula do alumnado realizarase mediante unha plataforma on-line deseñada a tal efecto. O enlace e as modalidades serán enviadas pola Alianza Francesa correspondente aos centros educativos a finais de xaneiro de 2020.


Unha vez formalizada a matrícula, as Alianzas Francesas remitirán á Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional un listado cos datos do alumnado e dos centros participantes.
As Alianzas Francesas de A Coruña, Santiago e Vigo convocarán os centros e alumnado interesados no lugar de realización das probas que lles corresponda nas datas previstas. 


TODOS OS ALUMNOS DO IES A SARDIÑEIRA PODEN SOLICITAR OS PAPEIS DA MATRÍCULA NO INSTITUTO Á PROFESORA DE FRANCÉS O A TRAVÉS DO MAIL QUE TODOS OS ALUMNOS COÑECEDES. 


 Para el pago de las tasas, los alumnos tendrán que abonar el importe de las mismas directamente en el instituto y una vez terminado el plazo de matrícula, nuestro centro ingresará el importe total de las tasas de examen a la Alianza Francesa (concepto: DELF Scolaire + Nombre del Centro) 

El importe para el DELF A2 es de 70€ y para el DELF B1 de 92€.

Comentarios

Entradas populares de este blog

DELF A2 et B1. Un courriel ou lettre amicale.

Une lettre informelle.