Chandeleur 2020
O mércores 12 de
febreiro, o Departamento de Francés xunto ca lectora francesa que está este
curso no noso centro, organizan La Chandeleur 2020, unha festa francesa
moi popular na que comemos crêpes e facemos diversas actividades
culturais.
Todo o alumnado
de francés que o desexe pode participar no concurso de crêpes, no concurso de
receitas escritas en diversos soportes ou no concurso de receitas orais.
Para evitar
problemas de alerxias alimentarias, o alumnado que desexe comer crêpes deberá
traer as súas propias crêpes da casa.
No instituto, o Departamento organizará diversas actividades
lingüísticas e culturais entorno a esta actividade complementaria e voluntaria.
Aproveitamos
para comunicarlles que xa estamos a organizar o Festival da Francofonía 2020,
que terá lugar en Vilanova de Arousa o 27 e 28 de abril de 2020.
A Dirección deste
festival, que reúne a máis de 1500 alumnos de francés de toda Galicia, precisa
saber o número de camisetas que desexa o noso centro. O prezo das camisetas é
de 2’50 euros. A reserva desta camiseta conmemorativa NON implica a
participación dos seus fillos/as no Festival.
O alumnado que
desexe mercar a camiseta conmemorativa debe facelo antes do 14 de febreiro.
Esta semana entregarei as circulares e autorizacións.
Comentarios
Publicar un comentario