Examen pendentes 2ª avaliación
Organización das actividades de seguimento,
recuperación e avaliación de Francés materia pendente.
Exame de pendentes francés
2ª Avaliación: mércores, 11 de marzo
Hora:
16:30h. Edificio de secundaria.
-Na
Conserxería do instituto tedes un dossier de exercicios de repaso para recoller
de forma gratuita.
-Haberá
tres exames durante o curso: 1ª avaliación, 2ª avaliación, 3ª avaliación.
Os
contidos son os referidos á segunda avaliación do curso a recuperar.
(Parachute
do curso correspondente. Unité 3-4)
Dossier
de exercicios: 20%
Exame
de avaliación :80%
Os
alumnos que cursen a materia nun curso superior terán aprobada a materia
pendente se aproban a primeira avaliación do curso superior (cun 5)
Presentándose ó exame poden ter unha nota superior.*
*Ver
programación na web do centro para información máis detallada.
Os alumnos realizarán e presentarán no prazo
indicado un traballo proposto pola profesora cada trimestre, que poderán
recoller de forma gratuíta na conserxería do centro. Presentaranse ás probas
ESCRITAS que terán lugar no curso e que serán indicadas e publicadas por
xefatura de estudos. Os alumnos coñecerán os contidos mínimos e estándares de
aprendizaxe a través desta programación. Cando o alumno curse a materia nun
curso superior, se o alumno supera a materia da primeira avaliación no curso
superior, terá recuperado o curso anterior cunha nota dun 5, para as tres
avaliacións. Do mesmo xeito se supera a segunda avaliación dun curso superior.
Nembargantes ,o alumno ten a posibilidade de presentarse aos exames das tres
avaliacións e conseguir unha nota superior a 5, na materia pendente, de xeito
voluntario. A superación da materia en xuño, avaliación ordinaria ,dun curso
superior, supón a recuperación
Programación didáctica. Departamento de
francés. Páx. 482 De xeito xeral e sempre que a profesora poida, ( se non ten
garda no seu horario, está reunida) os alumnos ca materia suspensa poderán
acudir nos recreos sinalados para facer preguntas, consultar dúbidas... Os
contidos mínimos serán os fixados para cada curso. Igualmente os criterios de
avaliación, estándares de aprendizaxe,... Os criterios de cualificación serán:
80% proba da convocatoria. 20% o dossier de traballos. Se un alumno non entrega
o dossier, o 100% da nota corresponderá á proba escrita
Todo o alumnado pode contactar ca xefa do
Departamento a través do blog (sardifle.blogspot.com) para consultar dúbidas ou
presencialmente nos recreos.
Unha proba práctica do exame será colgada no
blog a principios do mes de novembro. Recomendamos facer esta práctica xa que o
exame será moi similar.
Xefa
do Departamento.
Begoña
de Blas.
Comentarios
Publicar un comentario