Chandeleur 2020
O mércores 12 de febreiro, o Departamento de Francés xunto ca lectora francesa que está este curso no noso centro, organizan La Chandeleur 2020 , unha festa francesa moi popular na que comemos crêpes e facemos diversas actividades culturais. Todo o alumnado de francés que o desexe pode participar no concurso de crêpes, no concurso de receitas escritas en diversos soportes ou no concurso de receitas orais. Para evitar problemas de alerxias alimentarias, o alumnado que desexe comer crêpes deberá traer as súas propias crêpes da casa. No instituto, o Departamento organizará diversas actividades lingüísticas e culturais entorno a esta actividade complementaria e voluntaria. Aproveitamos para comunicarlles que xa estamos a organizar o Festival da Francofonía 2020, que terá lugar en Vilanova de Arousa o 27 e 28 de abril de 2020. A Dirección deste festival, que reúne a máis de 1500 alumnos de francés de toda Galicia, precisa saber o número de camisetas que desexa o